3/21/2010

As quince marabillas da arquitectura mundial

A pesar de que o ser humano é unha especie destrutiva, tamén creamos cousas fermosas.

No seguinte enlace podes ver as xoias da arquitectura mundial modernas e máis antigas. Hai para todos os gustos... Ti  por cal te decides???

http://www.fixr.com/blog/2010/03/17/15-wonders-of-the-architectural-world/


Catedral de Ulm


En Alemania hai una xigantesca Catedral que se comezou a construír  no século XIV pero que se rematou no ano 1890. Ten a nota de ser a catedral máis alta do mundo: cento sesenta  e tres metros de altura!!!

Edificio Flatiron


En Nova iorque, o edificio Flatiron foi o primeiro rañaceos da cidade. Era o edificio máis alto da rexión cando se rematou de construír en  1902. Ten forma triangular e foi un dos iconos da cidade.


A Ópera de Sydney

Rematada en 1973, cun diseño totalmente vangardista, a Ópera de Sydney é unha estrutura fabulosa e fermosa. Nela teñen lugar os concertos de ópera, ballet e teatro máis prestixiosos do mundo.

Edificio de China Central Television


Este é o edificio central da televisión china. Foi rematado no ano 2007.


Burj Khalif

Cada día descubrimos máis novas sobre Dubai debido ás súas grandes estruturas. Este é o  Burj Khalif,  é o edificio máis alto do mundo, cuns 828 metros.


O niño dos paxaros

Con este nome coñecemos ao Estadio Nacional de Pekín. acolleu as cerimonias das Olimpiadas do 2008. É a estrutura de aceiro máis grande  do mundo, aínda que a súa construción só levou 5 anos.

A Cúpula do Milenio

Para comezar o terceiro milñenio, Gran Bretaña ideou este mega domo de 365 m. de diámetro, un por cada día do ano e cen metros de altura.


As Torres Petronas

As Torres Petronas desafían o ceo de Kuala Lumpur( Malasia), non só pola súa altura senón tamén pola súa beleza.


Biosfera 2


Cunha superficie de 1.27 hectáreas, o ecosistema artificial pechado da Biosfera 2 atópase no deserto de Arizona, en Estados Unidos. Feita completamente de cristais, este invernadoiro xigante utilizouse para experimentar a viabilidade de biosferas pechadas para a colonización do espazo.

Hai moitas máis... Aquí so che ofrecemos unha pequena mostra. Podes visitar o LINK e atoparás máis!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario